Verdeveras Expresións Artísticas naceu en Santiago de Compostela, Galicia no ano 2011, como unha ferramenta para dar forma aos nosos propios proxectos artísticos.
“Arte para axudarnos a ver”, como dicía Galeano; con todos os sentidos, agregamos nós. Por iso pensamos Verdeveras Expresións Artísticas coma unha plataforma de creación sostida polos alicerces do teatro e a música, onde poidan dialogar linguaxes como a danza e as artes plásticas.
Poida que polo noso espírito nómade e pola necesidade de compartir con moitas isto que facemos, as propostas son adaptables a espazos diversos. Encántannos por suposto as grandes salas, pero tamén gozamos da proximidade dos sitios pequenos. "Escritas de corazón"
Propoñemos un Teatro comprometido coa actualidade, que nos permita reflexionar e moitas veces rir do que nos acontece. Un teatro practicamente artesanal, con coidado por cada detalle, e feito con moitísimo amor. Creacións orixinais: ideas, textos, realización, posta en escena, músicas, movementos...
Despois de tres femosos anos, rematamos a xira de "Crónica dunha heterosexual insatisfeita" (última peza teatral para público adulto en Coprodución co Centro Dramático Galego), e comezamos a andar con "Escritas de corazón", a nova peza para público infantil. (Máis info na lapela correspondente).
Somos María Angeles Iglesias (actriz-dramaturga) e Tato López (músico e compositor).
Na actualidade, María Angeles tamén protagoniza Comando Comadres de Matrioshka Teatro xunto a Anabell Gago e Chelo Dorejo; e Tato xira presentando o seu cuarto disco: Humano, e o seu grupo de cordas AKSAK; mentres realiza diferentes actividades en relación coa música en Casa da Trova, primeira escola de composición de cancións de Galicia.
A NOSA HISTORIA...
Para a realización de "Desalmad@s" (2014), contamos co apoio e a colaboración de figuras recoñecidas dentro do teatro galego como Carlos Neira (dirección), Xus Raíndo (movemento). A estrea desta obra no Salón Teatro de Santiago de Compostela, supuso un recoñecemento ao traballo e un estímulo para seguir creando. Unha creación feita para falar da soidade e a loucura.
"Un lugar chamado mundo" |
"Crónica dunha heterosexual insatisfeita" (Coprodución co CDG), a nova comedia para público adulto, revisa o desexo como motor da vida e a posibilidade de cumprir novas fantasías a calquera idade. Unha excusa para falar con honestidade de nós coa ferramenta contundente do humor.
Podes atopar máis detalles de cada unha das pezas nas lapelas correspondentes:
Por favor, non dubides en contactarnos:
verdeverasea@gmail.com
671 872 453